Nas últimas décadas asistimos á proliferación en múltiples contextos dun tipo de manifestación artística que transforma paredes baldías en lenzos de gran formato. Trátase de murais, cuxo impacto visual e escala de intervención, son capaces de converter tapias residuais e anodinas en espazos de representación cun enorme potencial simbólico. O corpo feminino como forma disidente de comunicación no espazo público aparece en forma de manifestacións estético-políticas fronte ás narrativas hexemónicas. Neste sentido, no contexto galego, cómpre pór de relevancia como esta representación simbólica pode ter tamén o potencial de homenaxear, recoñecer e poñer en valor o traballo exercido polas mulleres galegas ao longo da súa vida, o cal non deixa de ser unha cuestión complexa.
texto completo libre descarga | full text open access
NOVAS, María, Sofía PALEO & Lucía ESCRIGAS. "Lendo medianeiras: o eloxio dos coidados. Un ensaio sobre a arquitectura como soporte para a representación simbólica do traballo das mulleres galegas" Crítica Urbana. Revista de Estudios Urbanos y Territoriales 4, 17(2021): 32–37.