Segundo amosan os datos, a toponimia urbana de Santiago escenifica un ámbito de desigualdade, representando o total dos viarios que homenaxean á figuras femininas unha porcentaxe do 9.2%, un terzo dos que homenaxean figuras masculinas (27.1%).
Así mesmo, atopamos que a ampla maioría de topónimos urbanos femininos están referidos a figuras relixiosas (que non a personalidades históricas eclesiásticas vinculadas aos estamentos de poder); falamos de santas, virxes, señoras do, fillas de, irmás ou personaxes bíblicas, reafirmándose deste xeito o rol asignado historicamente a través dos séculos segundo o seu xénero. Este feito contrasta co caso masculino, no que o motivo principal de recoñecemento ten que ver con méritos de persoeiros civís: homes relacionados con postos de poder ou recoñecidos intelectuais e profesionais, representando no seu caso unha mostra de perfiles moito máis variados e diversos que os das mulleres.
Este feito amosa, nunha realidade humana aproximadamente constituída por unha porcentaxe paritaria de mulleres e homes, un nesgo androcéntrico e imparcial na metodoloxía de recoñecemento. Isto implica necesariamente mecanismos de peche e exclusión que limitan e restrinxen a incorporación e visibilidade das mulleres, e que cumpre analizar e reparar.
texto completo libre descarga | full text open access
Toponimia urbana de Compostela, un ámbito de igualdade?
[Galician]
Toponimia urbana de Compostela, ¿un ámbito de igualdad?
[Spanish]
NOVAS, María. "Toponimia urbana de Compostela, un ámbito de igualdade?" En Compostela, Territorio das Mulleres. Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Concello de Santiago de Compostela, 2016.