▸◂▸◂▸ d e x e n e r o ◂▸◂▸◂

Retos para unha Cidade Igualitaria

A arquitectura e o urbanismo, foron disciplinas historicamente consideradas dende a máis estrita obxectividade científica como técnicas que obviaron as necesidades dos grupos sociais máis vulnerables en torno a elas.
Non temos unha socioloxía da arquitectura, nembargante no camiño cara a igualdade efectiva entre homes e mulleres, é preciso analizar e reparar todas as cuestións que contribúen a consolidar un mundo desigualitario.
As relacións transversais entre xénero e arquitectura poden atoparse en todos e cada un dos niveis do discurso arquitectónico: dende a produción da súa teoría, ata no exercicio da profesión, así como na práctica do deseño espacial ou mesmo nas imaxes publicitarias. Os retos para construír cidades máis igualitarias pasan por analizar estas implicacións ó tempo que se formulan propostas metodolóxicas que promovan o cambio social. Cando isto sucede, a relación entre cidade e muller devén non tan difícil.

texto completo libre descarga | free download of full text

Retos para unha cidade igualitaria. A cidade e a muller: unha relación non tan difícil.

En Urbanismo participativo. Muller e Urbanismo, publicación das Xornadas “Muller e Urbanismo” 2014: Unha nova mirada sobre a planificación urbanística inclusiva. Unidade de Igualdade. Universidade de Vigo.

Next Post

Previous Post

© 2017 dexenero