Colaboración na metodoloxía de traballo a través da participación no grupo de traballo multidisciplinar da iniciativa. Compostela, Territorio das Mulleres é un proxecto transversal para a confluencia de recursos que están traballando a prol da igualdade de xénero na cidade de Santiago de Compostela, e para a promoción da participación aberta dos axentes sociais e o sector económico co fin de crear un mapa de recursos, lugares e equipamentos que axuden a construír unha cidade igualitaria e amigable coas mulleres.
Ao mesmo tempo, o mapa serve para explorar unha dimensión turística orientada a facer de Compostela unha cidade women friendly, cuxo selo axudará na consolidación da capital galega como destino turístico.
As funcións do grupo foron poñer en común criterios de selección, formulación de compromisos, mapeo colectivo etc. tanto dos establecementos como do conxunto de recursos do mapa.
A presentación do proxecto © Alba Sotelo
Compostela, Territorio das Mulleres. Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Concello de Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016.