Os mapas son representacións ideolóxicas. A confección de mapas é un dos principais instrumentos que o poder dominante usou historicamente para a apropiación dos territorios. Desta maneira, os mapas que circulan habitualmente son o resultado da mirada que o poder dominante recrea sobre o territorio producindo representacións hexemónicas ou “miradas interesadas”. A utilización crítica de mapas, en cambio, apunta a xerar instancias de intercambio colectivo para a elaboración de narracións e representacións desde diversas instancias hexemónicas.
Dexeneromapa: Cartografíando o Campus de Ourense dende a Perspectiva de Xénero
Actividade de mapeo colaborativo do Campus de Ourense a partir dun percorrido de recoñecemento, unha posta en común e a creación dun mapa de síntese tendo en conta cuestións como: coidados, socialización, accesibilidade, transporte público, seguridade, mestura de usos, percepción do medo, equipamentos, espazos de xogo, iluminación, rueiro, espazos para a conciliación, mobiliario urbano ou a mobilidade.
Nas Xornadas “Muller e Urbanismo” 2015: Mapeos Participativos dende a Perspectiva de Xénero. Unidade de Igualdade. Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias da Educación, Campus Universitario As Lagoas–Ourense, 10–11 de decembro de 2015.