Os datos amosan unha ampla desigualdade no referente á presencia, recoñecemento e visibilidade das arquitectas que teñen traballado no panorama da arquitectura contemporánea da cidade de Santiago de Compostela nos últimos 60 anos. [A] perda ou exclusión (a non presencia ou recoñecemento do outro 50% do capital humano no ámbito da arquitectura), ten serias consecuencias na calidade da arquitectura contemporánea, do mesmo xeito que non contribúe ao fomento dunha sociedade xusta e equitativa.
Neste sentido, esta análise da situación real na que nos atopamos, tamén na cidade de Santiago de Compostela, resulta clave no obxectivo de construír da arquitectura e dos espazos das nosas cidades un futuro, definitivamente, en ámbito de igualdade.
texto completo libre descarga | full text open access
Arquitectas e (des)igualdade no panorama da arquitectura contemporánea en Santiago de Compostela
[Galician]
NOVAS, María. Arquitectas e (des)igualdade no panorama da arquitectura contemporánea en Santiago de Compostela. Compostela, Territorio das Mulleres. Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Concello de Santiago de Compostela, 2016.