d e x e n e r o

· · · a r c h i t e c t u r e | f e m i n i s m · · ·

A través das marxes

A TRAVÉS DAS MARXES é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

Esta publicación fai fincapé no proceso que vivimos, é isto non é nimio: somos persoas de moi diferente procedencia, algunhas estamos fisicamente, outras na diáspora, e lemos a realidade dende ópticas diferentes, mesmo con contradicións entre elas. Nestas páxinas aténdese a unha realidade subalternizada dun xeito situado, dando conta de moitas das aprendizaxes, deconstrucións, da dor, e das emocións que nos atravesaron durante o proceso. A través do PEMAN e desta publicación queremos vindicar a capacidade que temos de facer en mancomún, así como a posibilidade de habilitar e fornecer diálogos e circuítos de coñecemento non hexemónicos.

adquire o libro | purchase the book

A través das marxes. Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns.

NOVAS, María & Sofía PALEO. "A relación nós/outrxs. Aprendendo a fiar entendementos." En A través das marxes. Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns, ed. Fran QUIROGA, Andrea OLMEDO, Lara DOPAZO, 92–99. Madrid: Bartlebooth.

Siguiente Publicación

Anterior Publicación

© 2024 d e x e n e r o

Tema de Anders Norén